Lía Pichel Garrido nace en Madrid o 22 de decembro de 2009.
Diplomada en Maxisterio na especialidade de Audición e Linguaxe no 2004 e Licenciada en Psicopedagoxía no 2006.

Titulada Superior en Arte Dramático, na especialidade de Interpretación Textual, no ano 2010.


Participou en calidade de alumna en diversos cursos:

- "El autor y su obra. El actor
¿creador teatral?" impartido por Emilio Gutierrez Caba. UIMP (2007)
- "Cuerpo próximo" con la coreógrafa Olga Mesa en el M.U.S.A.C (León) (2008)
- "O pracer das pequenas cousas" incluido no Festival "Artes no camiño. Encontros de todas as artes coa música" (Sarria-Lugo) (2008)
- "Curso de danza contemporánea" (2009) impartido por Armando Martén bailarín e coreógrafo da compañía de danza contemporánea "Entremáns".
- "Curso de Danza Butoh" impartido por Hisako Horikawa no marco dos cursos de Escenika, organizados pola ESAD de Galicia en colaboración coa asociación de danza DANESGA (2009)
- Work- shop impartido por Víctor Hugo Pontes e colaboración na representación da peza
Manual de Instruções" no teatro principal de Santiago de Compostela (2009).
- Obradoiro de danza impartido pola bailarina Juska Weigel na sala de teatro Ensalle de Vigo (2010)

- Residencia artística a cargo de Estela Lloves na súa residencia de Berlin (2011).

- Obradoiro de danza contemporánea impartido por Raffaella Galdi no estudio “LaborGras” en Berlin (2011)


Traballou como actriz e creadora en diferentes proxectos:


- "Posesións". Traballo de creación propia presentado na gala Contra a Violencia de Xénero organizado pola Marcha Mundial das Mulleres no teatro Colón de A Coruña (2008)
- "Xogando con Samuel". Peza teatral presentada para o Premio Marta Sieiro de interpretación no 2009 , resultando como peza ganadora.
"Por non calar nada, por dicir algo
ou menos": Presentado como peza de creación individual de danza para a ESAD de Galicia, resultando como peza seleccionada no festival Act de Bilbao (2009). Representación tamén desta peza no MACUF de A Coruña (2009).

-Participación no espectáculo realizado pola Fura dels Baus no Festival Internacional de Ribadavia (2009)
- "Barbazul". Peza de mimo contemporáneo de creación colectiva dirixida a público infantil (2010)
- Representación con motivo da Semana Mundial da Danza na cidade da Coruña. Evento organizado polo Conservatorio de Danza da Coruña. Nome da peza de creación individual:
I´M PREZ...iso (2010)
- Representación con motivo do Festival da Lingua en Arcade
O Circo da lingua, da peza de creación propia Blend...ando (2010)

- Representación da peza de creación propia “Melmeniñas” por motivo da celebración do día Contra a violencia de xénero no teatro Forum, A Coruña (2010)

 

Actualmente reside en Berlin, onde traballa como artista conceptual no colectivo “Staircase Collective” na KunstHaus Tacheles, Berlin (2011-2012).


 

 


 

This free website was made using Yola.

No HTML skills required. Build your website in minutes.

Go to www.yola.com and sign up today!

Make a free website with Yola